calor

vidro agarima sol
sol agarima pel
pel agarima vidro

aquela verdade 1

fala da introversión do meu corpo

do comezo dos conceptos imaxinados



o meu cerebro

de cunca virada

ocupado polas imaxes irreais da soidade do vento

alén da poeira que arrastra

vixía felino cada movemento

cada verba medida

cada incongruencia sonora



tes que ocupar o presente

co teu interno pasado vital



o teu maino paradoxo retrasado

vive das conxecturas escritas na túa fronte

xigante de neno orfo incomprendido



hai canto que non saes

que non falas coa xente



tiveches tempo dabondo

todo o tempo do mundo pra expiar o teu delicto

a autoagresión salvaxe

animal

insensible

o teu dano

a túa condena



e aí estás

deitado ignoranto a túa carne

o teu sexo

a opacidade dos teus ollos



claro que hai culpables



nós somos os verdugos

os sicarios perversos

os que provocamos a túa agonía

o fastío abúlico da túa rutina

o teu xesto desfasado



segue a bicar cos dentes os xeonllos

lambendo con celo a túa pel destinxida

agochándote da masa que che alimenta

xa verás como milloras

uiiiiii



xírome

non penso ollar máis pra el

aínda que non exista

non penso escoitalo

xa perderanse na seguinte porta as súas virtudes

agora está fechado o meu cuarto franqueable

pertence ao bébedo máis repudiado da sala

todos lle temen

ha

bótalle valor veña

bótalle merda a túa dialéctica

e bate coas aspas do esterco a túa docencia

agora que

quen é o inventor de conceptos irreais

fala merda señor

fala merda señor branco

ateismo

mañán cambio

doulle volta á pel

xa verás

vou ser o que ti queres que sexa

vou amarte como agora
pero de xeito artificial

coñecerei tamén o ingano
comprobarei o sabor da súa factura
da súa pel revirada
do seu pacto insensible

e despois salto

para caer de espaldas na infancia

para morrer da risa

para esquecerme de min e ser o que non sei ser

para fuxir desta pésima idea
gravada con ferro no cerebro

a felicidade non existe

deus non existe

eu non existo

Hermético

camiña feliz
home sen amigos

saúda aos dentes brancos da rúa
ás gretas do silencio

pasa de largo a zapatería
acuario de piraguas
e tenta non ollar as campás invertidas ardendo
doentes na nada

camiña feliz
home sen recordos
resposta
conversa
home sen futuro

escribe no ventre da balea que enguliu
con ferro ardendo
a túa arritmia

fuxe
fuxe

dixire fugaz o veleno
estendendo no sangue a tristeza
a soidade do po das portas
o silencio de cans ladrando
o vacío dos tapergüeres
herméticos

take your time 10

voluntario da nada

non sinto
as veces
máis ca o xeo da inspiración anegando a mesa
botando a perder
ese bordado agasallo de trapo

o sol
os raios mornos da tardiña
relaxan os poros inquedos
e sentir xa non importa

padezo inerte as sensacións

deíxome facer
sinxelo voluntario da nada
ata chegar á noite
cando repouso os ollos contra a parede
e escoito as conversas veciñas
cando poño a camiseta raiada de algodón con boliñas
e o cuarto faise familiar e pasado
cando das paredes colgan debuxos de lúas imperfectas
de noites de estrelas imposibles

éxtase

as nádegas
vibraban creando ondas de alba pel
envoltas en canela
as pingas do torso pacían relaxadas
nos poros
palpitantes do teu éxtase

nun descoido o vento invadiu a cabina

creo que están chamando

si?

o sinto
teño que marchar


imaxe


























medoemoitomedo

-medo-

para evita-lo medo
os marcos tortos de cans durmidos
o grolo groso de licor cargado
a naúsea ataráxica e retrospectiva facendo
fodendo esta paz
este reducto de silencio
punzante que absorve a ferida
afoguei os reloxos en xeo picado
creando as perpetuas xélidas horas
que habitan
decoran o teito desta furna salgada

-e moito-

encorei cercando nun silo
o río excitado
e os febles latexos
arritmias do meu ego

aforrando o exceso diario
do aseo constante do rostro grampado
vivíndo a falsa e constante realidade
dentro
moi dentro
no interior do silo do pensamento abstracto
comendo coma un porco
do centeo do autoengano

máis tarde
rebentou en pradeiras de mel pegañosas
a doce dor da consciencia

medo

entrada

nova entrada

de volta do traballo inexistente
da crúa noción deste tempo parado
morto
inmóvil

nova entrada

e saída

suor pegado ao corpo
bicos mornos na caluga
e agullas nos brazos

na zona sensible
a máis próxima ao tronco

despois distancia
abismo calado de cores escuras

medo
silencio
e eu
no silencio pacendo verde disecado
repousando os ollos sobre as mans queixosas da terra

a casa
desfigura
o sono
a cama absorve
con ela
repouso incómodo
e xa non durmo
só fatigo aos pensamentos gasosos enchendo de merda o aire

xa nin entro nin salo

agora son o meridiano intransitable
o infinito máis próximo
esta contradicción