medoemoitomedo

-medo-

para evita-lo medo
os marcos tortos de cans durmidos
o grolo groso de licor cargado
a naúsea ataráxica e retrospectiva facendo
fodendo esta paz
este reducto de silencio
punzante que absorve a ferida
afoguei os reloxos en xeo picado
creando as perpetuas xélidas horas
que habitan
decoran o teito desta furna salgada

-e moito-

encorei cercando nun silo
o río excitado
e os febles latexos
arritmias do meu ego

aforrando o exceso diario
do aseo constante do rostro grampado
vivíndo a falsa e constante realidade
dentro
moi dentro
no interior do silo do pensamento abstracto
comendo coma un porco
do centeo do autoengano

máis tarde
rebentou en pradeiras de mel pegañosas
a doce dor da consciencia

medo

0 comentarios: